...

Dise de: 1) un organismo capaz de exercer un control biolóxico sobre outro mediante antibiose, competencia, lise (degradación encimática), explotación (depredación e parasitismo), ou resistencia inducida no hospedador (xeración de mecanismos de defensa do hospedador fronte a un ataque do patóxeno); 2) un composto natural ou sintético que interfire a síntese ou a actividade doutro (p. ex., unha hormona, medicamento, etc.).