...

Cualidade do solo en relación coa súa idoneidade para a aplicación dun traballo mecánico específico, de maneira que se modifique a súa fertilidade física, de acordo cos obxectivos procurados. É unha cualidade complexa xa que depende de múltiples factores edáficos (textura, consistencia no momento de realizar o traballo); das condicións ecolóxicas do lugar; da tecnoloxía dispoñible; a rotación de cultivo; a situación socioeconómica (ecoeficiencia). A avaliación da idoneidade débese realizarse atendendo aos obxectivos: diminución do risco de erosión, enterramento de residuos de colleita ou de fertilizantes, ou control de malas herbas, entre outros.