Clase dentro do filo dos artrópodos (Subfilo Chelicerata), cuxo corpo se divide en dúas rexións: cefalotórax ou prosoma, que porta os quelíceros, pedipalpos e catro pares de patas; e abdome ou opistosoma, sen apéndices.
No solo están ben representados dous grupos: os araneidos, que viven na follada e cazan activamente ás súas presas; e os ácaros, que adoitan ocupar os primeiros centímetros do solo e mostran unha gran variedade de hábitos alimentarios.