...

Fungos, na maioría dos casos con micelio tabicado, que producen ascosporas endóxenas. A característica definitoria deste grupo de fungos é o ascus (do grego: ασκóς (askos), que significa saco ou odre), unha estrutura sexual microscópica na que se forman esporas inmóbiles, chamadas ascosporas. Inclúe unha gran diversidade de tipos de fungos, como os falsos cogomelos, as trufas, os cogomelos de coresma, as linguas terrestres, e os lévedos clásicos (Saccharomycetes), que son unicelulares.