Proceso polo cal se deposita a carga sólida dun fluxo de auga nun encoro, nunha chaira aluvial, no interior dunha drenaxe enterrada ou nos poros do solo, xeralmente debido a unha diminución da velocidade do fluxo de auga. Derivado disto, o encoro perderá capacidade de encoramento; o tubo de drenaxe perderá a capacidade para desaugar e os poros perderán a súa capacidade para transmitir fluídos ao diminuír a súa sección efectiva.