Capa delgada que se forma na superficie dalgúns solos, integrada por agregados de tamaño fino e medio, moi ben desenvolvidos e estables. Actúa a modo de cuberta (mulch), diminuíndo a evaporación da auga dos horizontes subxacentes cando o solo se seca, e impide os procesos de selaxe e encotramento superficial por impacto das gotas de choiva. Estes agregados fórmanse por fragmentación ao secarse o solo, principalmente en solos con arxilas expansibles (inchables), tales como os Vertisolos.