...

Compoñente do solo que ten a propiedade de opoñerse a unha variación brusca : 1) da concentración de ións na fase líquida do solo como consecuencia de unha achega (p. ex., de fertilizantes) ou dunha perda (p. ex., por lixiviación ou por extracción dos cultivos); 2) de pH (por achega de substancias acidificantes ou alcalinizantes). Fai que o solo sexa un medio tamponado. No caso do pH, a contribución dos distintos compoñentes do solo fronte á achega dun ácido ou dunha base varía segundo a clase de solo e o intervalo de pH do que se trate. Así, por exemplo, o carbonato de calcio (CaCO3) actúa como amortecedor nun intervalo de pH de 7,2 a 8,3, mentres que os compostos de aluminio o fan entre 4,0 e 5,5. A existencia de axentes amortecedores permite explicar que a curva de neutralización dun solo teña unha forma complexa, con plataformas que corresponden á acción dun axente amortecedor determinado, nas que as achegas non producen variacións significativas de pH.