...

Compoñente do solo ou reactivo químico que contribúe á atracción e á unión das partículas coloidais. Nos solos, destaca o Ca2+, xa que favorece a unión das partículas laminares dos minerais da arxila que, agrupadas paralelamente, forman dominios de arxila, que son a base para a formación de microagregados e para a estruturación do solo. Tamén poden actuar coma ponte na unión das moléculas húmicas coas superficies das arxilas, e favorecer a formación do complexo arxilo-húmico. En solos ácidos, o Al3+ pode actuar como axente floculante.