...

Bacteria cuxa parede celular está constituída por dúas membranas lipídicas entre as que se localiza unha fina parede celular de peptidoglicano. Ao ser unha parede fina, non retén o colorante durante a tinguidura de Gram.

Dentro do grupo das bacterias gramnegativas é posible diferenciar dous niveis de organización, que se distinguen pola composición da membrana externa, os subtipos coa: 1) membrana externa que só presenta simples fosfolípidos; e 2) inserción ademais de moléculas complexas de lipopolisacáridos. Forman parte de diversos filos dentro do dominio Bacteria, sendo as máis abundantes as do filo Proteobacteria (pertencentes ao segundo subtipo), dentro do cal se inclúen, entre outras, as bacterias nitrificadoras, os rizobios fixadores de nitróxeno e as bacterias patóxenas de plantas e animais.