Macromoléculas (encimas, hormonas e vitaminas fundamentalmente) procedentes de fontes biolóxicas que reducen as enerxías de activación das reaccións químicas que inician ou fan que estas sexan máis rápidas. A diferenza doutros catalizadores, teñen unha alta especificidade nas reaccións que catalizan. Participan na descomposición da materia orgánica, nos ciclos de nutrientes e xogan un papel importante nas técnicas de recuperación de solos contaminados con contaminantes orgánicos.