...

Proceso de descomposición dunha substancia mediante a acción de seres vivos.

Nos ecosistemas terrestres, implica a acción combinada da fauna e microorganismos do solo (heterótrofos) na degradación da materia orgánica ou de residuos orgánicos engadidos. Na maioría dos solos predominan os procesos metabólicos aerobios, aínda que se pode dar degradación anaerobia en condicións de baixa dispoñibilidade de osíxeno, como sucede nos solos hidromorfos.

É un proceso clave nos ciclos bioxeoquímicos do carbono, nitróxeno, fósforo e outros elementos esenciais para a vida, xa que o resultado dos procesos de dixestión, asimilación e metabolización dos compostos orgánicos da lugar á produción de novas estruturas moleculares (hidratos de carbono, lípidos, proteínas) e á súa reciclaxe en forma de moléculas oxidadas máis sinxelas (CO2) e de nutrientes retidos na materia orgánica (P, N, S, entre outros) que, tras a súa mineralización completa, convértense en formas asimilables polas plantas.