...

Mestura de materiais orgánicos en distintos graos de descomposición: materia orgánica estabilizada (tipo compost), turba, esterco, xurros e outros residuos non fecais de animais, residuos vexetais (p. ex., restos da poda), biosólidos urbanos, restos de alimentos, entre outros, que se aplican ao solo para mellorar a súa calidade.

Os beneficios son melloras na: 1) fertilidade física (agregación, estrutura, porosidade); 2) fertilidade química potencial (xa que a mineralización dos compostos con alta carga orgánica libera nutrientes, aínda que moi lentamente); 3) actividade biolóxica (as comunidades microbianas e eucariotas, xa que constitúe un substrato do que os organismos obteñen carbono e enerxía).

A efectividade dunha aplicación dependerá do tipo de manexo do solo (convencional ou ecolóxico), tipo de emenda, cantidade e frecuencia de aplicación.