Hidróxeno producido bioloxicamente nun biorreactor para ser utilizado como biocombustible.
Un procedemento para producir biohidróxeno baséase en utilizar a acción das algas, bacterias e arqueas sobre a biomasa orgánica (restos de cultivos, estelas e serraduras da industria madeireira, entre outros), por medio dunha fermentación anaerobia.
Os microorganismos presentes nos solos e sedimentos dos mangleiros teñen a capacidade de producir biohidróxeno. Este material, como materia prima, ten as seguintes vantaxes: un contido de materia orgánica elevado, simplicidade de manexo e está dispoñible a baixo custo; e como desvantaxes, os impactos medio ambientais nestes ecosistemas derivados da extracción.
A utilización futura do biohidróxeno como combustible limpo, en forma de gas comprimido, licuado ou almacenado en hidruros metálicos, require investigación para solucionar varios problemas: 1) transporte seguro; 2) custo e dificultade de produción; e 3) desenvolvemento de motores adecuados.