Tipo de praguicida que deriva de materiais naturais, como plantas, microorganismos e algúns minerais capaces de actuar contra as pragas das plantas (insectos, fungos, ácaros, malas herbas) con mínimos riscos para a saúde humana e para o medio ambiente.
Clasifícanse en: 1) bioquímicos: substancias naturais que interveñen en apareamento como as feromonas sexuais de insectos, ou como distintos extractos de plantas que atraen ás pragas de insectos a unha trampa; 2) microbianos: conteñen un fungo, bacteria, protozoo ou virus como ingrediente activo (p. ex., os máis utilizados proveñen da bacteria Bacilo thuringiensis ou Bt, pola súa capacidade de segregar unha proteína que mata de forma selectiva e por inxesta de larvas de insectos); 3) planta praguicida: variedades protexidas xeneticamente contra insectos ou que levan incorporada a protección na propia planta (Protectores Incorporados á Planta, PIP), por exemplo, o millo modificado xeneticamente, que ten un xenoma modificado capaz de producir a proteína Bt que o protexe do perforador do millo (Ostrinia nubilalis), cando o insecto se alimenta da planta.
A Environmental Protection Agency (EPA) de Estados Unidos proporciona información ao respecto. Accesible en: https://www.epa.gov/pesticides/biopesticides.