...

Macromolécula producida polas células dos seres vivos.

Segundo a súa orixe clasifícanse en: 1) biopolímeros naturais (polisacáridos, proteínas, ácidos nucleicos, politerpenos); 2) biopolímeros derivados que son aqueles sintetizados artificialmente a partir de moléculas naturais (ácido poliláctico, celuloides). Nesta categoría inclúense tamén los bioplásticos; biopolímeros microbianos (poliésteres, hidratos de carbono).

Segundo a súa degradabilidade clasifícanse en: 1) biodegradables; 2) non biodegradables. Segundo a súa estrutura química clasifícanse en: 1) polinucleótidos; 2) polipéptidos e 3) polisacáridos.