Técnica de remediación ambiental que consiste na degradación encimática (biocatalizadores) de compostos contaminantes (p. ex., compostos xenobióticos) noutras formas máis simples, que poden ser menos tóxicas.
Utilízanse de forma exitosa encimas libres ou células microbianas completas en diferentes medios (disolucións acuosas, sistemas gas-sólido, entre outros) en biotecnoloxía. Os microorganismos extremófilos contribuíron significativamente ao desenvolvemento de procesos de biotransformación, xa que son unha fonte de encimas capaces de catalizar en ambientes extremos.