Termo con diversas acepcións locais: 1) en Cantabria (Norte de España) refírese a terreos de pastos permanentes en lugares de alta de montaña húmida, a onde sube o gando vacún e ovino desde a primavera ao outono; xeralmente comunais; 2) en Galicia (Noroeste de España) refírese a zonas húmidas, encharcadas, temporal ou permanentemente, xa sexa: a) por augas osixenadas con alimentación e circulación lateral, o que da lugar a solos con características gleicas (anóxicas), con pastos permanentes, que poden ser aproveitados para o pastoreo nos períodos secos; a súa mecanización está moi limitada polo exceso de auga; ou ben b) por augas estancadas, cando a drenaxe está seriamente restrinxida, co que se desenvolven frecuentemente materiais turbosos en superficie; presentan unha vexetación hidrófila a base de xuncáceas, ciperáceas, entre outras. Nos canais de drenaxe superficiais aparecen normalmente depósitos de óxidos de ferro, precipitados a partir de ferro ferroso, Fe2+, transportado pola auga freática.
Pódense dar noutras localizacións alí onde se dean estas condicións.