...

Sucesión lineal de niveis tróficos que indica as relacións entre eles con base ao alimento que consumen. Empeza cos produtores primarios, que serven de alimento aos consumidores primarios, dos que se alimentan os consumidores secundarios e así sucesivamente até o consumidor final (que pode ser un predador superior ou un descompoñedor). Deste xeito, a enerxía flúe a través da cadea de forma lineal e ascendente.

Unha métrica común utilizada para cuantificar a estrutura trófica da rede alimentaria é a súa lonxitude, é dicir, o número de niveis entre un consumidor e a base da cadea.