Proceso de quecemento dunha substancia a temperatura elevada, sen que se produza a fusión. Pódese provocar a descomposición térmica, para que se desprenda auga de cristalización ou compoñentes volátiles, ou para que se oxide ou reduza o material. Pode ser un paso previo a un proceso de disolución, como por exemplo cando se queren destruír os compostos orgánicos para poder proceder á análise das cinzas na análise foliar.