Dispositivo utilizado para medir as taxas de intercambio de gases traza entre o solo e a atmosfera, principalmente por difusión molecular. Con este suposto e un solo con propiedades uniformes ao longo do espazo e o tempo, excepto para unha fonte de gas traza distribuída verticalmente, será aplicable a lei de Fick. A cámara instálase de maneira que as súas paredes verticais queden inseridas no solo ata unha profundidade suficiente para que o transporte subsuperficial de gas se limite ao dominio vertical durante o período de utilización. Por medio de modelos numéricos de difusión pódense estimar e interpretar as emisións de gases.