...

Característica dun solo cuxo perfil textural presenta un aumento moi marcado no contido de arxila, nunha distancia vertical moi corta na zona de contacto entre un epipedón ócrico ou un endopedón álbico e un endopedón arxílico subxacente. Soil Taxonomy utiliza este cambio textural como característica de diagnóstico e os requisitos establecidos son: (1) cun epipedón ócrico ou un endopedón álbico con menos do 20 % de arxila, o contido de arxila do subxacente debe ser o dobre ou maior, nunha distancia vertical máxima de 7,5 cm; (2) cun epipedón ócrico ou un endopedón álbico cun 20 % ou máis de arxila, debe haber un aumento dun 20 % ou máis (en valor absoluto), nunha distancia vertical de 7,5 cm ou menor (p. ex., un incremento de arxila do 23 % ao 43 %), e o contido de arxila nalgunha parte do horizonte arxílico debe ser polo menos o dobre do contido de arxila do horizonte supraxacente. A importancia dada a esta característica débese a que condiciona o movemento da auga no solo, a drenaxe e a penetración das raíces. Conceptualmente equivale á diferenza textural abrupta da World Reference Base (WRB), se ben os requisitos son outros neste caso.