Mamífero da familia dos esciúridos, xénero Cynomys nativos das pradeiras de Norteamérica. En adultos, a súa lonxitude corporal mide entre 35 e 40 cm e pesa entre 0,5 e 1,5 kg. Posúe ollos e nariz pequena, orellas pequenas, redondas, patas curtas e cola longa (6 a 11 cm). A pelaxe é curta e de cor parda, excepto as partes inferiores que son abrancazadas.
Son animais escavadores de hábitos exclusivamente diúrnos, moi sociables, que viven en grandes colonias. Son herbívoros, aliméntanse principalmente de raíces, froitas, gromos e, nalgunhas ocasións, de insectos. Poden soportar temperaturas extremas. En Canadá hibernan nos seus tobos durante aproximadamente catro meses cada inverno.
Ademais de escavar e pastar, a especie Cynomys ludovicianus caracterízase por un comportamento territorial específico, polo que o individuo ponse de pé alzando as súas patas dianteiras ao aire e ladrando.
A área de distribución de tódalas especies distribúense polas pradeiras de América do Norte desde o suroeste de Saskatchewan (Canadá) até Chihuahua (México). Considéranse unha praga, xa que compiten co gando polo pasto. Teñen un gran impacto na estrutura do solo e no movemento da auga, xa que constrúen tobos alí onde se atopan, os cales, ademais, son utilizados como hábitat por moitas especies.
En Canadá promulgouse a Lei de Especies Ameazadas para protexer e conservar especies en perigo a consecuencia da actividade humana, como o can das pradeiras, en vigor desde 2003.