Termo de orixe árabe que designa un desaugadoiro ou drenaxe superficial, prevista para dar saída ao exceso de auga de rega en condicións de saturación. O sistema caldeira-canle de drenaxe permite aportar auga e dar saída ao exceso que constitúe unha fracción de lavado, co que diminúe o risco de salinización do perímetro de rega.