Capa de solo que se caracteriza por ter unha porosidade moi baixa, unha compactidade elevada e un carácter anaerobio. É o resultado dun tipo de labranza que se practica principalmente no cultivo do arroz denominada enlodamento. Presenta unha coloración agrisada e pintassobre as caras dos agregados. O ferro e o manganeso están reducidos como Fe2+ e Mn2+, os nitratos sofren procesos de desnitrificación e pódense perder cara á atmosfera como N2 e incluso pódese xerar metano. Dá reacción positiva nos ensaios con α-αdipiridina. O seu grosor pode ser de 30 a 100 cm.