Capa formada por aluminio ligado a osíxenos ou hidroxilos que constitúen un poliedro de coordinación (Al2(OH)6). Denomínase capa dioctaédrica ou gibbsítica. Nos minerais de arxila (filosilicatos dioctaédricos) pódese atopar unida a unha capa tetraédrica, estrutura T-O; a dúas capas tetraédricas, estrutura T-O-T; ou ben unir láminas T-O-T, estrutura T-O-T-O.