Capa ou horizonte subsuperficial no perfil do solo que ten un contido de arxila moito maior que o material supraxecente (ás veces, un endopedón álbico), do que está separado por un límite abrupto. A súa compactidade é elevada, a densidade aparente é elevada e a condutividade hidráulica é baixa. Xeralmente é dura cando está seca e plástica e adherente en húmido. Pódese deber a un proceso de translocación de arxila (endopedón arxílicoST) ou ben á presenza dun endopedón árxicoWRB. Os horizontes Btg dos Albaqualfs (ST) ou dos Planosolos (WRB) constitúen exemplos deste tipo de capas. Supón un impedimento para o crecemento das raíces, para o movemento da auga e do aire e para a drenaxe da auga no solo.