Unidade en posición horizontal (horizonte ou capa) formada por un material coherente e fortemente compacto. Pode ser o resultado de: (1) unha cementación (horizonte petrocálcico, petroxípsico, duripán, alios ferruxinoso, tepetate, entre outros); (2) unha compactación por tráfico rodado (capa endurecida por circulación) ou por labra intensiva a unha mesma profundidade do solo (sola de labor); (3) acumulación importante de arxila, xa sexa por iluviación ou por neoformación in situ. En cada caso pode recibir nomes específicos, especialmente en inglés.