Formación xeolóxica porosa e permeable limitada na súa parte superior por unha capa impermeable, o que fai que a auga estea a unha presión superior á atmosférica. A superficie piezométrica teórica da auga está por riba do límite superior do acuífero confinado. Cando a carga hidráulica é superior ao nivel do solo, a auga mana de forma natural, fenómeno que se coñece como artesianismo. Unha capa cativa presenta unha superficie libre, por onde se pode recargar.