Auga da zona saturada que se atopa a pouca profundidade nunha formación xeolóxica porosa (rocha ou solo), permeable (acuífero), cuxos ocos son comunicantes e suficientemente grandes para que a auga poida circular libremente baixo o efecto da gravidade. Cabe distinguir: capa freática libre, capa freática cativa, capa freática semicativa e capa freática colgada. Se a capa freática está próxima á superficie (a poucos metros), terá influencia sobre o estado e o movemento da auga na zona radicular.