Propiedade dun solo para aumentar de volume cando se humecta. Identifícase no laboratorio polas súas propiedades plásticas, de maneira que un solo mineral cuxo límite líquido excede o 50 % e que conte cun índice de plasticidade superior a 30, polo xeral, ten unha capacidade de expansión elevada. Tamén se pode expresar por medio do coeficiente de expansibilidade lineal (COLE).