...

Propiedade do solo de intercambiar catións ao pH do solo no campo. Exprésase como a concentración máxima de catións intercambiables que poden ser desprazados ao pH do solo das sedes de intercambio (grupos funcionais situados nas superficies das partículas coloidais do solo). Para a súa determinación utilízanse sales neutros non tamponadas (BaCl2, Sr2Cl, CaCl2, NH4Cl, KCl), aínda que é preferible determinala con disolucións dun sal neutro cuxa forza iónica sexa similar á que ten a disolución do solo no campo. Entre a variedade de formas propostas para estimala, as máis frecuentes son a suma do contido de tódolos catións (Ca2+ + Mg2+ + Na+ + K+ + Al3+ + H+) extraíbles cun sal neutro (p. ej., Sr2Cl 0,6 

M, ou BaCl2 0,2 µ) ou ben a suma do contido de Ca2+ + Mg2+ + Na+ + K+ extraídos por un sal neutro e Al3+ e H+ extraídos por outro sal neutro (como o KCl 1 µ ou o CaCl2 É unha medida que se realiza en solos que teñen un contido significativo de coloides de carga variable, tales como a materia orgánica, os minerais de grao de orde baixo, os óxidos de ferro e aluminio, as arxilas 1:1 e as 2:1 cando están aluminizadas (p. ex., vermiculitas hidroxialumínicas). É útil cando se quere coñecer o comportamento dos procesos de intercambio de catións do solo en condicións naturais con fins de fertilización ou de diagnose ambiental, entre outros. En unidades do sistema internacional (SI), se expresa en cmolc kg−1 de solo.