...

Concepto controvertido que parte da hipótese de que a auga está dispoñible para as plantas de igual modo desde un límite superior (capacidade de campo) a un límite inferior (punto de murchamento permanente), ambos característicos e constantes para un solo dado. A simplicidade deste postulado fixo que o seu uso se xeneralizara para a xestión da rega por gravidade, a pesar de que a súa significación física resulte dubidosa.

Con este enfoque, defínese como a cantidade de auga que se atopa entre os valores de potencial matricial de -33 kPa (capacidade de campo) e -1500 kPa (coeficiente de murchamento) nun espesor determinado de solo. Exprésase como: CRAD = Σ(CCPMP)i × ei, onde ei é o espesor de solo. A súa ecuación de dimensións é [L3L-3L] = [L] e adóitase expresar en mm = Lm-2.

Este concepto débese utilizar con precaución, xa que esta cantidade pódese ver aumentada con auga subministrada por ascenso capilar desde unha capa freática, e con auga de choiva ou de rega durante a estación de crecemento. Por outro lado, pódese producir unha diminución do rendemento moito antes de que a auga do solo se atope a -1500 kPa, dado que as plantas raramente son capaces de extraer auga uniformemente da zona radicular.