Molusco gasterópodo pulmonado (Filo Mollusca, Clase Gasteropoda) que se caracteriza por presentar unha cuncha externa enrolada en espiral na que que pode retraerse completamente. Inclúe especies terrestres e acuáticas (tanto de auga doce como mariñas). Do mesmo xeito que os limacos son consumidores xeneralistas, alimentandose de materia orgánica, follas verdes, liques, fungos e mesmo doutros caracois e poden ser pragas de cultivos e xardíns.