Carga debida a grupos funcionais (hidroxilo, carboxílico, fenólico e amino) das superficies das partículas coloidais do solo que se xera cando estes grupos funcionais reaccionan coa fase líquida do solo. A carga pode ser positiva ou negativa, segundo o pH e a forza iónica da fase líquida do solo. Ao depender das reaccións que se establecen coa fase líquida, non é unha propiedade intrínseca. Os sólidos do solo, cuxa carga variable contribúe decisivamente á carga neta total, son os minerais de arxila de tipo 1:1 (principalmente, a caolinita), os oxihidróxidos de ferro e aluminio, os aluminosilicatos de baixo orde (incluíndo a alófana e a imogolita), así como as substancias húmicas. A carga se desenvolve segundo as condicións do medio no cal se encontran as partículas coloidais. Se o pH do medio é maior que o punto de carga cero, os coloides presentan un predominio de cargas negativas, mentres que se o pH do solo é menor que o punto de carga cero, predominan as cargas positivas.