Proceso edáfico consistente en encher total ou parcialmente o espazo poroso dun agregado ou dun horizonte por precipitación e cristalización dun composto insoluble a partir da auga que atravesa o solo. Isto aporta coherencia e o agregado ou o horizonte compáctanse, endurécense e son dificilmente penetrables polas raíces. Un horizonte pouco cementado rompe coa man; se está medianamente cementado rompe dificilmente coa man; se está fortemente cementado só rompe cun martelo; se está endurecido rompe dificilmente co martelo, o cal rebota ao chocar. Se se somerxe un fragmento en auga durante un tempo (24 h) non se derrumba, senón que conserva a súa coherencia. Se o compoñente cementante predominante é carbonato cálcico, o resultado pode ser un nódulo calcario o un endopedón petrocálcico; sé é xeso, un nódulo o un horizonte petroxípsico; se é sílice, un endopedón duripánST ou dúricoWRB; sé é ferro, un alios, un ortstein, unha coiraza ferruxinosa ou un contacto petroférrico, entre outros.