...

Materia mineral precipitada a partir da auga que atravesa o solo que cristaliza no espazo poroso dun agregado ou dun horizonte, une os grans e lles dá coherencia. Pode dar orixe a unha concreción descontinua dura ou a un horizonte cementado (petrocálcico, petroxípsico, duripán, petroférrico, entre outros). Tamén se pode unir fortemente á parte inferior dos elementos grosos do solo dando lugar a un cemento xeopetal, de calcita ou de xeso, o que serve de criterio para establecer a polaridade na posición orixinal do elemento groso no solo, se foi movido.