Artrópodos pertencentes á clase Chilopoda (Subfilo Myriapoda) caracterizados por presentar un tronco alongado formado por un número de segmentos que oscila entre 15 e 191, cada un deles con cadanseu par de patas. A pesar do seu nome común, o número total de patas case nunca é 100, senón que pode variar entre 30 e 382. Son depredadores e capturan ás súas presas grazas ao primeiro par de patas (denominadas forcípulas) modificadas para inxectar veleno e paralizalas. Son compoñentes da macrofauna do solo.