...

Solo salino, ás veces con pastos halófilos, que rodea unha sebja, se ben é menos salino que esta. Pode recibir aportes de materiais eólicos. É un termino que procede do norte de África, onde foi utilizado de modo equivocado en traballos topográficos para denominar o conxunto da depresión pechada (sebja + chott), polo que ás veces ambos termos se usan incorrectamente como sinónimos.