Organismo que resulta da asociación simbiótica entre unha cianobacteria (compoñente fotobionte) e un fungo, aínda que posúe morfoloxía e fisioloxía propias. Aproximadamente un terzo dos fotobiontes de liques son cianobacterias e os outros dous terzos son algas verdes.
Ao poder fixar nitróxeno e dióxido de carbono directamente da atmosfera pode actuar como primeiro colonizador de superficies de rochas núas, ambiente que resulta moi pouco favorable para as plantas vasculares, e iniciar a meteorización da rocha e a formación do solo.