...

Constituínte individual, gran ou fragmento dunha rocha sedimentaria producido por meteorización de calquera rocha preexistente. Segundo o tamaño dos constituíntes maioritarios, as rochas sedimentarias detríticas ou clásticas denomínanse ruditas (conglomerados e brechas), arenitos e lutitas. Segundo a súa orixe distínguense: piroclastos, bioclastos, fenoclastos, entre outros.