Código establecido para realizar descricións da cor do solo de forma estandarizada e conseguir unha boa calidade na transmisión da información. Baséase en tres atributos: matiz, brillo e croma, que definen un sólido de color no que as coordenadas cilíndricas do espazo euclidiano representan estes tres atributos da cor que se percibe. Cada semiplano xerador do cilindro corresponde a unha lonxitude de onda da radiación reflectida (matiz) e constitúe unha páxina da táboa Munsell, cun sistema de coordenadas, no que nas abscisas se indican os valores de croma e nas ordenadas os de brillo.