Relación: Cc = (D30)2/(D60 × D10), sendo Dx (x = 10, 30, 60 %) a abertura da peneira pola que pasa o x % da mostra. Utilizase para interpretar como están distribuídas as distintas fraccións granulométricas (graduación) nunha mostra, polo que proporciona información acerca do equilibrio entre as distintas fraccións. Os solos ben graduados teñen valores de Cc entre 1 e 3.