...

Índice que caracteriza cuantitativamente o potencial de inchamento-contracción (expansión-retracción) reversible dun solo. Expresa numericamente a porcentaxe de inchamento nunha dirección dunha mostra de solo moldeada con dous contidos de humidade, por exemplo, cun contido correspondente ao seu límite plástico e seca ao aire ou co contido de humidade a -33 kPa. Calcúlase a partir da expresión: COLE = (Lm – (Ld)/ (Ld, sendo (Lm a lonxitude da mostra en húmido (a -33 kPa) e sendo (Ld a lonxitude da mostra en seco; ou ben COLE = [(ρbs – ρbm)/ ρbm]1/3, onde [(ρbs é a densidade aparente en seco, e [(ρbm é a densidade aparente en húmido. Os criterios de interpretación do valor do coeficiente son: COLE < 0,03, baixo; de 0,03 a 0,06, moderado; de 0,06 a 0,09, alto; e > 0,09, moi alto. Requírese un valor de COLE igual ou maior de 0,06 para a diagnose dun horizonte vértico, segundo a WRB (2014). O concepto de COLE non é de aplicación se a contracción é irreversible.