...

Porcentaxe de masa de auga que conteñen os elementos do solo ou que retén o solo: (a) despois de que o solo secase ao aire; (b) despois de que o solo acadase o equilibrio cun ambiente non especificado de humidade relativa alta, xeralmente próximo á saturación, ou cunha humidade relativa especificada a unha temperatura determinada.

Este concepto foi introducido nos estudos iniciais de física de solos para caracterizar propiedades higroscópicas e á auga higroscópica, se ben en realidade non só inclúe propiedades higroscópicas, senón tamén a condensación capilar. O tratamento da auga do solo en clases discretas foi substituído polo concepto de potencial da auga do solo, xa que a auga do solo non difire dun lugar a outro pola forma, senón pola seu potencial ou enerxía potencial, que é continuo e non presenta transicións abruptas dun nivel de enerxía a outro.