...

Compoñente do solo caracterizado polo seu tamaño microscópico, cunha distribución de tamaños de 1 a 10 nm ata diámetros esféricos equivalentes a 0,1 a 0,3 μm; por ter unha superficie específica moi elevada; por presentar carga eléctrica de superficie; por ter unha actividade elevada, e por ser moi reactivo, tanto física como quimicamente. Os coloides non chegan a disolverse, nin atravesan membranas semipermeables. Convencionalmente, no solo acéptase un límite de 2 μm entre a fracción coloidal e a non coloidal. Son exemplos de coloides os minerais de arxila, os óxidos de ferro e aluminio e os coloides orgánicos.