Organismo (bacteria, fungo, alga, lique) con capacidade para desenvolverse en medios hostís (ausencia de nutrientes esenciais ou nutrientes moi limitados), o que fai que poidan iniciar a colonización de rochas; atacan a superficie fresca dunha rocha dura, co que se inician os procesos de meteorización, e os seus restos ao morrer incorporan nutrientes, o que permite o asentamento de organismos máis complexos e iníciase a formación dun protosolo. Por exemplo, liques e briófitas.