...

Dise dun material ou dun horizonte do solo cuxas partículas están moi próximas e permanecen en contacto unhas con outras. Isto fai que a porosidade e a condutividade hidráulica sexan baixas; e a densidade aparente elevada. Por iso as raíces atopan dificultades para penetrar, o movemento da auga é lento e o solo é difícil de labrar. Pódese deber a texturas susceptibles de se compactar (p. ex., por unha elevada porcentaxe de arxila ou de limo) ou ser o resultado do paso de maquinaria pesada cando o solo estaba demasiado húmido.