...

Reacción que resulta da interacción entre un ión metálico e un ligando, que dá lugar á formación dun complexo. A unión dun catión cun grupo funcional de superficie pode formar, ou ben un complexo de esfera externa, se o catión está hidratado, en cuxo caso o enlace é de tipo electrostático; ou ben un complexo de esfera interna, se na reacción química o ión central, xeralmente un catión, se une directamente á superficie, sen intervención de moléculas de auga. Esta última reacción sucede con ións con alta afinidade polos grupos funcionais situados na superficie, de maneira que se produce unha sorción específica e o enlace é covalente.