...

Asociación resultante da unión entre a materia orgánica e a materia mineral coloidal que acontece de forma específica nos solos, aos que confire as súas características de calidade. A escala molecular, trátase de complexos produto da interacción entre moléculas de humus e minerais de arxila moi frecuentemente por medio de catións metálicos. As láminas de arxila unidas por Ca2+ forman dominios de arxila e estes, ao unirse con polímeros orgánicos estables, forman microagregados por medio de unións moi estables. Á súa vez, estes únense entre sí por medio de compostos orgánicos máis lábiles, hifas e pequenas raíces e forman macroagregados. O complexo humus-Ca2+– arxila confire unha cor parda escura aos solos carbonatados. En solos non carbonatados, o ferro pode desempeñar o papel do calcio, se ben as unións non son tan estables. En solos ácidos e con arxilas de carga variable, os complexos arxilo-húmicos pódense formar coa intervención do aluminio como catión ponte ou mediante interaccións directas humus-arxila (bordes con carga positiva).