Complexo que resulta da unión entre unha especie iónica hidratada e un grupo funcional situado na superficie das partículas coloidais do solo que actúan de adsorbentes ou ligandos. A unión ten lugar por medio de enlaces iónicos, polo que ten un carácter reversible. Trátase dunha adsorción non específica.